Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os EUA atacan no Iemen un mísil antibuque hutí listo para o lanzamento

Os EUA atacan no Iemen un mísil antibuque hutí listo para o lanzamento

Os rebeldes xiítas dispararan horas antes un mísil balístico contra o petroleiro Marlin Luanda

G24.gal 27/01/2024 09:08 Última actualización 27/01/2024 11:55

Os EUA atacaron un mísil antibuque controlado polos rebeldes hutís no Iemen que estaba "preparado para o lanzamento" en dirección ao mar Vermello, segundo informan as forzas do comando central estadounidense (CENTCOM).

As forzas estadounidenses identificaron o mísil en zona hutí e determinaron que representaba unha "ameaza inminente" para os buques mercantes e os da súa mariña na rexión.

O CENTCOM comunicou que os rebeldes xiítas dispararan horas antes un mísil balístico contra o petroleiro Marlin Luanda, con bandeira das Illas Marshall, mentres navegaba polo golfo de Adén (nas proximidades do mar Vermello) e que se reportaron danos pero non feridos.

Os hutís xa reivindicaran este ataque e advertiran que seguirán coas súas operacións militares para impoñer un bloqueo á navegación israelí nos mares Vermello e Arábigo ata que se logre un cesamento do fogo en Gaza e se levante o asedio imposto ao enclave palestino.

O movemento iemení, apoiado por Irán, di que desde o pasado 19 de novembro lanzaron máis de 200 drons e de 50 mísiles contra embarcacións comerciais e buques de guerra occidentais no mar Vermello co obxectivo de danar economicamente a Israel e en apoio ao pobo palestino.

A tensión na zona fixo que as principais navieiras internacionais continúen axustando as súas rutas para evitar transitar por esta vía marítima, por onde pasa o 8 % do comercio mundial de cereais, o 12 % do de petróleo e o 8 % do de gas natural licuado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade