Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os Estados Unidos mostran a vontade política de resolver a contaminación de Palomares

Os Estados Unidos mostran a vontade política de resolver a contaminación de Palomares

O ministro Albares reúnese en Washington con Antony Blinken

Os Estados Unidos comprometéranse en 2015 a levar a Nevada as areas contaminadas
G24.gal 11/05/2023 08:49 Última actualización 11/05/2023 09:01

O presidente do Goberno Pedro Sánchez viaxa este xoves a Washington, onde terá un acto na residencia do embaixador español. O venres será recibido por Joe Biden na Casa Branca.

Como antesala a este encontro, o ministro de Asuntos Exteriores José Manuel Albares reuniuse co secretario de Estado estadounidense Antony Blinken para estreitaren as relacións bilaterais e consolidaren acordos que levan negociando nos últimos meses, como a retirada das terras contaminadas con plutonio polo accidente nuclear de Palomares.

Blinken expresou a súa vontade política de resolver este asunto. O Goberno español pediulle que cumpra o compromiso asumido en 2015 de levar ao deserto de Nevada as areas contaminadas hai 57 anos.  
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade