Publicador de contidos
Publicador de contidos

Estas son as medidas de aforro enerxético que entran en vigor este mércores

Estas son as medidas de aforro enerxético que entran en vigor este mércores

Consulta o BOE aquí

G24.gal 08/08/2022 20:30

Este mércores a partir das 22:00 horas entra en vigor o primeiro paquete de medidas de aforro e eficiencia enerxética aprobado polo Goberno para reducir o consumo de enerxía. 

Estas iniciativas teñen vixencia ata o 1 de novembro de 2023.

Temperatura

Os edificios públicos, espazos comerciais, grandes almacéns, aeroportos, estacións de tren e autobús, espazos culturais e de restauración deberán limitar a 27 graos o uso do aire acondicionado no verán e a 19 graos a calefacción no inverno.

Quedan exentos desta medida: centros sanitarios e hospitalarios, centros de formación, salóns de peiteado, lavanderías, ximnasios e medios de transporte.

Tamén quedarían exentas, no caso dos hoteis, as habitacións por seren de regulación privada. Pero si deberán aplicar estas medidas as zonas de uso común (corredores, cafetería, etc.)

No caso dos 27 graos, a ministra Ribera precisou que bares e restaurantes poderán limitar o uso ao "entorno dos 25 graos" tendo en cona as recomendacións da lexislación laboral. Tamén se aplicará "con flexibilidade" no caso de discotecas, cociñas e ximnasios, que teñen necesidades distintas a outros espazos.

Por iso, deberán xustificar cando non aplican este límite de temperatura.

Apagado de luces

A partir das 22:00 tamén se deberá pagar as luces de escaparates e edificios desocupados. Esta medida non se aplicará ao alumeado ornamental de monumentos, exceptuando que estean no interior dun edificio público que nese momento estea desocupado.

Respecto á obriga de dispoñer dun sistema de peche de portas adecuado, aplicarase en edificios e locais con acceso desde a rúa, destinados aos mesmos usos que aos que se aplicaría o límite de temperatura.

Nesta medida, non se consideran exclusións, salvo que a lexislación de seguridade que aplique ao edificio ou local impida cumprir esta obrigación. A data para adaptarse é antes do 30 de setembro e non ten data fin para o seu cumprimento.

Sancións

Aqueles edificios que incumpran o plan de aforro poden afrontar multas de ata 60.000 euros por infraccións leves, seis millóns polas graves e ata 100 millóns polas moi graves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade