Estas son as mellores festas e concertos da fin de semana en Galicia
Estas son as mellores festas e concertos da fin de semana en Galicia
O concerto de Luis Miguel na Coruña, o comezo do Apóstolo en Santiago, as Carrilanas de Esteiro, a Festa da Dorna en Ribeira e moitos máis eventos
Festas tradicionais:
● Festas do Apóstolo Santiago. As grandes festas do verán compostelán comezan este venres 19 e estenderanse ata o día 31.
● Gran Premio de Carrilanas de Esteiro. Participa nas carreiras co teu vehículo artesanal ou acude como espectador entre os días 19 e 21. Tamén contará co seu propio festival de música.
● Festa da Dorna en Ribeira. A festa tradicional para honrar esta embarcación acollerá numerosas actividades desde o xoves 18 ata o mércores 24 de xullo.
● Feira Medieval en Noia. Como cada ano a vila retornará á Idade Media e contará con postos de artesanía e alimentación, desfiles, torneos, música e outras actividades.
● Galaicoi en Cambre. A VII Romaría Castrexo Romana estará ateigada de postos e espectáculos propios da época desde este venres ata o domingo 21.
● Mercado Medieval en Alfoz. O venres e o sábado a contorna do castelo de Castrodouro regresará aos tempos do mariscal Pardo de Cela.
● Feira da Cantería, Callos e Artesanía de Guitiriz. O domingo 21 de xullo, amenizada por actuacións musicais.
● Festa da Vieira de Cambados. A vixésima edición desta festa gastronómica celebrarase entre o venres o domingo.
● Festa do Percebe de Xove. Festa gastronómica amenizada polos Charangos.
● Festas do Viño de Meaño. Albariño, concertos e verbenas entre o venres e o domingo.
● Festa do Cristo dos Aflixidos en Bouzas. Comezan este xoves 18 e esténdense ata o día martes 23, celebrando o seu día grande este domingo.
● Festas do Carme e a Fraga nas Pontes de García Rodríguez. Concertos, verbenas, xogos e moito máis ata o próximo xoves, día 25 de xullo.
● Festas do Carme en Camariñas. A programación despídese coa música da Olympus este xoves e do Carmen Dance Fest o venres.
● Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. O festival contará con 20 espectáculos desde a súa inauguración este venres 19 ata o sábado 27 de xullo.
● Itineranta en Pontevedra. Animacións de rúa ata o venres 19 a partir das 21:00 horas.
Concertos e festivais
● Luis Miguel estará o domingo na Coruña como parte do ciclo de concertos CoruñaSounds.
● Atlantic Fest. Entre o venres 19 e o domingo 21 daranse cita en Vilagarcía de Arousa:
- Los Planetas, Crystal Fighters, Mika, Sidonie, Los Elefantes, Cariño, Carlos Sadness e moitos máis.
● Fisterra Arroutada Fest. A primeira edición deste festival, o sábado 20 de xullo:
- Arrythmia, The Skarnivals, Grima, Vértebras, C. Mirazo, Treinteañeras Cañeras, Mr. Kamándula e La Calle Del Ruido.
● Festival das Carrilanas de Esteiro. Unha serie de artistas poñerán música ao gran premio:
- Tanxugueiras, Mondra, Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre, Lontreira, Cool Nenas, Quinkillada, Sidecars, The Rapants, Capital Voskov, Galician Army, Monoulious Dop e Mekánika Rolling Band.
● Festival Aturuxo. Concertos e acampada de balde en Ourol:
- A Pedreira, Catuxa Salom, Loita Amada, Tecor Societário e máis artistas.
- Jose James, o sábado 20 ás 21:00 horas.
- Tarque & la Asociación del Riff, o domingo 21 ás 21:00 horas.
● Andrés Suárez. Cea e concerto o venres no hotel NH Collection, na Coruña.
● Coque Malla. Concerto nas Pontes este venres ás 23:30 horas.
● Dakidarría. O venres 19 ás 22:15 horas na praza da Quintana de Santiago de Compostela.