Estas son as mellores festas e festivais da fin de semana en Galicia
Estas son as mellores festas e festivais da fin de semana en Galicia
O Marisquiño en Vigo, o comezo das Festas da Peregrina en Pontevedra e o Festival Noroeste Estrella Galicia na Coruña son algúns dos eventos máis destacados
Festas
● Festas da Peregrina en Pontevedra. Arrincan as grandes festas do verán na cidade do Lérez. Comezarán o sábado 10 de agosto, coa lectura do pregón e unha tirada de fogos de artificio pola noite, e estenderanse ata o luns 19 de agosto. Haberá unha extensa programación con todo tipo de actividades e espectáculos musicais.
● O Marisquiño en Vigo. Desde o xoves 8 ata o domingo 11 de agosto, a cidade olívica celebrará o seu festival de deporte e cultura urbana. Contará con competicións de deportes como o skate, o breakdance, a BMX ou o baloncesto 3x3; con actividades relacionadas co graffiti e a arte urbana e cun extenso cartel musical.
● Festas de María Pita na Coruña. Continúan as festas unha semana máis e desde o mércores 7 ata o domingo 11 contarán co Festival Internacional de Folclore.
● Festa da Maruxaina en San Cibrao (Cervo). O sábado representarase o rapto deste ser mitolóxico e o seu posterior xuízo unha vez chegada a medianoite.
● Festas do Monte na Guarda. Xa comezaron o luns e durarán ata o próximo xoves 15 estas festas cargadas de actividades deportivas e musicais.
● San Lourenzo en Foz. Procesión, bandas de música e verbenas entre o mércores 7 e o domingo 11 de agosto.
● Festas do verán de Quiroga. Celébranse entre o xoves 8 e luns 12 e contarán coa tradicional Mostra do Mel, concertos, verbenas e fogos de artificio.
● Festas Patronais de Monforte. Arrincan o domingo 11 cos concertos de Rosa Cedrón e Nómada Trío e ofrecerán un programa cheo de música ata o venres 16.
● Festa Mexicana en Avión. Festa homenaxe aos emigrados a México, este venres 9 de agosto.
● Mercado Medieval de Mondoñedo. A localidade contará cos numerosos postos, un torneo de cabaleiros, ceas e ata unha voda medieval entre o venres e o domingo.
● Festa do Mexillón e do Berberecho en Vilanova de Arousa. Festa gastronómica amenizada pola Panorama, e os concertos de Roi Casal e de Antonio Barros e Lis Pardo.
● Festa do Polbo do Carballiño. Xa comezou a festa coa elaboración unha tapa de polbo xigante de 590 quilos. O domingo 11 será o seu día grande.
● Festa da Lamprea Seca en Arbo. Festa gastronómica con actividades complementarias entre o venres e o domingo.
● Festa da Ameixa do Carril. Festa gastronómica celebrada o domingo 11 nesta parroquia de Vilagarcía.
Festivais e concertos:
● Costa Feira. O festival de Sanxenxo acollerá esta semana varios concertos ata o sábado:
-
Mércores 7: Funzo & Baby Loud, Hens e Ters.
-
Xoves 8: Iván Ferreiro e Marwán.
-
Venres 9: Los Secretos.
-
Sábado 10: Marlon e 84gram.
● Noroeste Estrella Galicia. O festival celébrase entre o mércores 7 e o sábado 10 na Coruña e conta con artistas da talla de:
-
Crystal Fighters, Xoel López, Fillas de Cassandra, Vetusta Morla, The Rapants e Triángulo de Amor Bizarro, entre outros.
● Festa da Carballeira en Zas. Venres 9 e sábado 10 de agosto, na Carballeira de Velar:
-
Rebeliom do Inframundo, Guadi Galego, A Gramola Gominola, De Ninghures, Brincadeira e máis artistas.
● Vive Nigrán Picnic Pop Festival. Entrada de balde ata completar capacidade o venres 9 e o sábado 10, nunha contorna única con vistas ao mar, no miradoiro de Monteferro:
-
Arizona Baby, Visions of Johanna, Rufus T Firefly, Hey Hematoma, Isius e Querido.
● Festival Mar Aberto en Ferrol. Tamén con vistas ao mar, no Castelo de San Filipe os días 9 e 10 de agosto:
-
_Juno, María José Llergo, Pamela Rodríguez, Señora DJ, Lua de Santana e Rapariga DJ.
● Los 40 Summer Live en Culleredo. A partir das 20:00 no aparcadoiro do Burgo:
-
Pol Granch, La Beba, Noan, Walls, Almácor, DePol, Hilario, Adexe & Nau, Charlie USG, César AC, Polo Nández, Lemot e J Francis.
● Festival Internacional de Jazz e Blues. Concertos todos os días ata o venres 9 na Praza da Ferrería, en Pontevedra:
-
Rick Estrin & The Nightcats, Jeff Cascaro e Richard Bona & Alfredo Rodríguez Trío.
● Rock in Cambre. O sábado 10 a partir das 18:00 horas e con entrada gratuíta:
-
Ugly Kid Joe, Sex Museum, Bala, ITH e Replicantes, entre outros grupos.
● Opera Rigoletto. Interpretación da ópera de Giuseppe Verdi ás 22:00 no Auditorio de Castrelos, en Vigo.
● El Drogas dará o primeiro concerto da Festas da Peregrina, o sábado ás 22:30 en Pontevedra.
● Delaossa estará en Pontevedra o domingo 11 ás 22:30 horas.