Entra en vigor o novo regulamento de vehículos históricos
Entra en vigor o novo regulamento de vehículos históricos
O 95 % dos vehículos xa non requirirán informe de laboratorio oficial, o cal suporá un aforro duns 800 euros
Alberto Garrido preside o Coruña Veteran Cars, que conta cuns 60 socios e unha frota de 250 coches históricos. Dá a benvida á nova norma, que, di, nos equipara ao resto de Europa.
Establécense dous procedementos. O 95 % dos vehículos poderán acollerse ao procedemento abreviado. Son aqueles con máis de 30 anos, ITV en vigor, que non foran modificados e conservados en bo estado. Xa non requirirán informe de laboratorio oficial.
"Era un trámite custoso. Depende dos casos, pero podía supoñer uns 800 euros", sinala Alberto.
Os xa matriculados en España non necesitarán nova matriculación. Abondará cun cambio de servizo.
Ponse en valor a declaración responsable do propietario, que só poderá facer un uso ocasional do vehículo cun máximo de 96 días ao ano.
Para Alberto Garrido: "Isto permítenos ter acceso a zonas de baixas emisións en cidades porque nós non facemos un uso nin profesional nin diario dos coches. Facemos un uso esporádico".
De feito, ínstase os concellos a que establezan fórmulas nas súas ordenanzas que permitan a circulación deste tipo de vehículos.