Publicador de contidos
Publicador de contidos

Abre o prazo para inscribirse nas convocatorias de emprego público

Abre o prazo para inscribirse nas convocatorias de emprego público

As vacantes forman parte das 720 prazas que serán cubertas polo sistema de concurso aberto anunciado en marzo

G24.gal 27/06/2022 20:22

A Xunta de Galicia abrirá a partir de mañá, 28 de xuño, o proceso para inscribirse nas convocatorias dun total de 297 prazas de emprego público.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou hoxe as convocatorias de acceso aos subgrupos A1, C1 e C2 da Administración Xeral, que se desenvolverán polo sistema de concurso aberto. O prazo de inscrición arrincará mañá e finalizará o próximo 26 de xullo.

Este sistema permite que calquera persoa que reúna os requisitos esixidos nas convocatorias poida presentarse a estas probas, de maneira que as súas posibilidades de obter praza dependerán exclusivamente da preparación e esforzo que realicen os candidatos no proceso de selección.

As vacantes corresponden ás ofertas de emprego público (OEP) dos anos 2020 e 2021 e forman parte das 720 prazas que serán cubertas polo sistema de concurso aberto anunciado en marzo.

Destas 720 xa foron convocadas un total de 423, que agora se completan con estas 297.

A consellería de Facenda e Administración Pública propón esta medida co obxectivo de "rexuvenecer o persoal da Administración Autonómica e tamén de ofrecer unha oportunidade de emprego estable tanto a aqueles mozos que finalizaron recentemente os seus estudos como a persoas sen experiencia profesional na Administración".

Estas convocatorias súmanse ás dos procesos de estabilización de emprego que se están desenvolvendo ao amparo da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, publicadas a finais de maio. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade