Suspenden as probas para Garda Civil do domingo por un erro na custodia do exame
Suspenden as probas para Garda Civil do domingo por un erro na custodia do exame
A proba realizada este sábado nas distintas sedes, entre elas a de Vigo, é válida
En toda España hai 26.332 aspirantes a unha das 2.721 prazas convocadas
As probas para ingresar na Garda Civil previstas para este domingo foron suspendidas por un erro detectado na etiquetaxe dunha das caixas cos exames, segundo explicou o instituto armado este sábado nun comunicado.
O exame realizado este sábado, 28 de setembro, é válido e o corpo armado informará os afectados "o máis axiña posible" sobre a nova data para a realización das probas.
Un total de 26.332 persoas presentábanse esta fin de semana ás oposicións para acceder a unha das 2.721 prazas para a escala de cabos e gardas que se ofertan este ano. En Galicia, examínanse 1.168 persoas, 366 mulleres e 802 homes.
A fase de oposición divídese en catro probas -coñecementos, físicas, entrevista persoal e recoñecemento médico- e para o exame de coñecementos establecéronse 19 sedes, unha delas en Vigo.