Publicador de contidos
Publicador de contidos

Este sábado celébranse as probas MIR en Santiago e Vigo

Este sábado celébranse as probas MIR en Santiago e Vigo

En total ofértanse 10.600 prazas para toda España, das que 543 corresponden a Galicia

As persoas que pasen esta proba comezarán a traballar no seu posto a finais de maio

G24.gal 28/01/2022 21:48

Os exames MIR celebraranse este ano en Galicia nas cidades de Santiago e Vigo. En total ofértanse 10.600 prazas en toda España, das que 543 corresponden a Galicia.

A especialidade con máis prazas son Medicina Familiar e Comunitaria. Precisamente na Atención Primara é onde máis se está notando a saturación nesta sexta vaga da pandemia. As outras especialidades con máis prazas son Pediatría ou Medicina Interna.

Os aspitantes que aproben estes exames estarán traballando na súa praza xa a finais de maio. Máis de 28.700 aspirantes optan a unha das máis de 10.600 prazas ofertadas tanto no MIR coma no resto de probas que conforman a Formación Sanitara Especializada convocadas polo Ministerio de Sanidade. En Galicia examinaranse máis de 1700 titulados nas sedes de Vigo e Santiago.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar