Publicador de contidos
Publicador de contidos

Este setembro foi o máis chuvioso no que levamos de século

Este setembro foi o máis chuvioso no que levamos de século

A choiva media acumulada durante o mes pasado foi de 143 litros por metro cadrado

G24.gal 04/10/2024 16:17

 Galicia acaba de comezar o outono cun mes de setembro moi frío e que foi tamén o máis chuvioso no que levamos de século, xa que as precipitacións no conxunto do territorio superaron nun 62 % os valores que habitualmente se recollen nesta época do ano.

Segundo o avance do último informe climatolóxico de Meteogalicia, a choiva media acumulada durante o mes pasado foi de 143 litros por metro cadrado. En canto á temperatura media, os valores estiveron, en xeral, moi por baixo do esperado e a anomalía media para este mes situouse en -1 grao centígrado.

De feito, hai que remontarse ao ano 2017 para atopar un setembro máis frío na comunidade galega.

O período caracterizouse pola chegada a Galicia de borrascas frías e activas para esta época do ano durante a primeira e última semana do mes, aínda que as semanas intermedias foron algo máis secas e cálidas.

Foi un mes moi húmido en todo o territorio galego e estivo marcado polo río atmosférico que, entre os días 25 e 26 de setembro, cruzou Galicia, deixando ao seu paso grandes cantidades de auga.

Destacan as precipitacións acumuladas nas serras litorais (entre os 240 e 320 litros por metro cadrado) con rexistros máximos por encima dos 400 litros por metro cadrado no caso da Serra do Suído.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar