Publicador de contidos
Publicador de contidos

Esther Navarrete bótao todo no maratón máis duro

Esther Navarrete bótao todo no maratón máis duro

A galega saíu satisfeita tras mellorar as sensacións durante a proba (42ª)

Foto: EFE
G24.gal 11/08/2024 11:21

A proba da maratón feminina, anunciada como unha das máis duras da súa historia, rematou coa vitoria da neerlandesa Sifa Hassan en 2:22,5. Do lado español, a mellor marca foi para Mayida Maayouf (17ª), por diante de Meritxell Soler (25ª) e da galega Esther Navarrete (42ª).

A nosa enviada especial a París, Loreto Costa, puido falar con Esther na súa saída ao final da proba. Esta contounos que "dérao todo" de maneira case literal para rematar a proba. No quilómetro 25 sufriu vómitos cando xa viña atopándose mal que cambiaron o porvir da súa actuación. Como ela mesma conta, foi en ascenso na proba e rematou cunhas boas sensacións "coas que hai que quedar". 

Ao ser preguntada pola terrible costa que asustaba ao comezo da competición, confirmou a súa dificultade e que tiña medo a atoparse soa nese momento. Non obstante, o público estivo presente e axudando en todo momento a superar tanto ese como todos os obstáculos da competición.

Desta maneira, rematan as competicións de atletismo nos xogos de París 2024, cunha Esther Navarrete que marcha contenta e sentíndose moi afortunada por ter vivido esta experiencia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade