Estudos recentes elevan ata o 40 % os casos de alzhéimer que se poden previr
Estudos recentes elevan ata o 40 % os casos de alzhéimer que se poden previr
Pasear ou facer exercicio diario, a dieta mediterránea e manter o cerebro activo pode axudar a previr a enfermidade
Estudos recentes elevan ata o 40 % os casos de alzhéimer que se poden previr.
"Que teñamos unha receita de cociña que nos faga evitar padecer a enfermidade, non, isto non o temos, pero si que podemos facer o noso cerebro máis resistente á eventual aparición desta patoloxía", argumenta a neuropsicóloga experta en alzhéimer Nina Grument.
O principal factor de risco é o propio envellecemento, que é inevitable. Mais hai outros factores sobre os que si se pode intervir, como son os riscos cardiovasculares asociados a esta enfermidade.
"Estamos a falar desas saídas, camiñadas ou paseos de trinta minutos ao día; de incorporar a actividade física ao noso día a día. Cando falamos de nutrición tampouco estamos a falar de que teñamos que ser expertos nutricionistas para levar unha dieta saudable. A máis recomendada é a mediterránea. E cando falamos de estimulación cognitiva, as pequenas aprendizaxes dun programa informático, un curso de fotografía ou mesmo un curso de macramé tamén vai favorecer a reserva e coidado da súade cerebral e neuronal", engade.
Expertas como Nina Gramunt divulgadora da Fundación Pasqual Maragall destacan os beneficios dos hábitos de vida saudables.
"Se globalmente lográsemos atrasar a aparición dos síntomas, o número de casos activos, é dicir, de persoas coa sintomatoloxía da enfermidade podería reducirse á metade".
En España estímase que 900.000 persoas padecen algún tipo de demencia, das que entre o 60 % e o 70 % son casos de alzhéimer.