Buscan un home de 97 anos con alzhéimer desaparecido en Rairiz de Veiga
Buscan un home de 97 anos con alzhéimer desaparecido en Rairiz de Veiga
Logrou abrir a cancela traseira da casa o venres pola tarde e dende entón non hai rastro do seu paradoiro
Preocupación no concello ourensán de Rairiz de Veiga pola desaparición dun nonaxenario hai máis de 24 horas. Un amplo dispositivo de busca rastrexa as inmediacións da súa vivenda, pero polo de agora non se atopou ningún rastro do seu paradoiro.
O home, de 97 anos, logrou abrir a cancela da parte traseira da casa, que a familia tiña pechada para que non saíra. Eran sobre as sete da tarde do venres cando o botaron en falta.
Sempre paseaba acompañado. O home ten principios de alzhéimer, por iso é un misterio o rumbo que puido tomar. Filgueiras queda a tres quilómetros, pero ata alí non chegou.
Medio cento de persoas, membros de protección civil, axentes da Garda Civil, algúns deles a cabalo, cans adestrados e da veciñanza, incluso drons participan no dispositivo de busca que peitea toda a contorna.
Precisa tomar medicación
José viste roupa azul deportiva, unha gorra de cadros e zapatillas. Camiña paseniño coa axuda dun caxato. É diabético e precisa tomar medicación. A familia teme que non poida resistir unha segundo noite fóra da casa.