Europa amplía restricións pola alerta da variante ómicron e o avance do virus
Europa amplía restricións pola alerta da variante ómicron e o avance do virus
A OMS dá por feito que a variante nova se estenderá como fixo a delta
O virus avanza desde hai semanas en boa parte da Unión Europea, en alerta ademais pola presenza confirmada da variante ómicron en máis de quince países.
Alemaña, con 378 mortos nas últimas 24 horas, proponse impoñer a vacina. Tamén Austria, que acordou ampliar dez días máis o confinamento ao que xa tiña sometida a súa poboación.
Francia, que supera os 2.000 ingresados en coidados intensivos, pide desde hoxe unha proba negativa aos turistas de fóra da Unión e aos europeos non vacinados. Italia retomou a obriga da máscara nas rúas comerciais de Roma. Son só algunhas das medidas adoptadas para frear os contaxios.
Nas últimas horas rexistráronse protestas contra as restricións e as vacinas nos Países Baixos, en Austria e Alemaña. Na manifestación de Berlín os participantes feriron varios xornalistas.
Un informe realizado en Italia vén de revelar que o risco de morte entre os infectados multiplícase por nove no caso dos non inmunizados. Pero só alí, en Italia, case tres millóns de cidadáns cren que a covid-19 non existe e o dobre considera que a vacina é inútil.