Europa avanza cara á mellora dos sistemas de retención infantil no automóbil
Europa avanza cara á mellora dos sistemas de retención infantil no automóbil
A DXT lembra que o uso correcto das cadeiras poden evitar o 75 % das lesións en caso de accidente
Actualmente dúas normas regulan os sistemas de retención infantil no coche. A norma R129, que incorpora os últimos avances tecnolóxicos, e a R44. As cadeiras que corresponden a esta última xa non se poden fabricar en Europa desde setembro, e dentro dun ano, en setembro de 2024, quedará prohibida tamén a súa venda.
Isto non suporá cambio ningún para as persoas usuarias, xa que aquelas cadeiras que cheguen ao mercado baixo calquera das súas normas seguirán sendo válidas e seguras. A DXT lembra que o verdadeiramente importante é o uso correcto dos sistemas de retención infantil, xa que poden evitar o 75% das lesións en caso de accidente.
O regulamento máis actualizado é a norma R129. Aprobouse en 2013 e introduciu avances. Entre eles, a obriga de usar a cadeira a contramarcha ata os 15 meses, a clasificación pola altura do menor e non por idade ou peso e tamén a obrigatoriedade de contar cun sistema reforzado de impacto lateral.
Na última campaña de 2023, a DXT contabilizou máis de 300 infraccións relacionadas co uso do cinto e os sistemas de retención infantil.