Publicador de contidos
Publicador de contidos

Europa solicita a comparecencia de Marlaska polos 23 mortos no valado de Melilla

Europa solicita a comparecencia de Marlaska polos 23 mortos no valado de Melilla

O ministro español non está obrigado a comparecer

G24.gal 14/07/2022 16:53 Última actualización 14/07/2022 23:41

 O Parlamento Europeo solicita a comparecencia do ministro español do Interior, Fernando Grande-Marlaska, para explicar a xestión do Goberno na traxedia do 24 de xuño, cando 23 inmigrantes morreron ao tentar cruzar o valo de Melilla.

Este debate produciríase no mes de setembro.

A decisión tomouse esta semana na reunión de coordinadores de todos os grupos políticos do Parlamento a pedimento do eurodeputado de Anticapitalistas, Miguel Urbán, que pertence ao grupo da esquerda.

A invitación da Eurocámara a comparecer non supón, con todo, unha obriga para facelo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade