Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evacúan ferida unha muller tras recibir o impacto dunha mesa que voou polas turbulencias dun helicóptero

Evacúan ferida unha muller tras recibir o impacto dunha mesa que voou polas turbulencias dun helicóptero

Sucedeu durante a aterraxe de emerxencia dun helicóptero do 061 para atender outro enfermo

G24.gal 14/11/2021 19:45

Bo susto que levaron este mediodía os asistentes á romaría de San Martiño no Rosal. 

Un helicóptero medicalizado do 061 aproxímase ao lugar para poder auxiliar e evacuar un home que sufrira un ictus. Pois ben, nesa manobra de aterraxe que produce unha violenta corrente de aire, unha muller resulta ferida tras recibir o impacto nas costas dunha mesa que saíu voando.

Pois precisamente esa muller é a que finalmente ten que ser trasladada en helicóptero o hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo mentres que o home, tivo que ser evacuado en ambulancia ao PAC da Guarda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade