Cargando resultados...
Evacuada unha persoa con queimaduras tras arder unha campá extractora en Teo
Unha muller embarazada foi trasladada ao hospital por posible intoxicación de fume
Os ocupantes da vivenda deron aviso ao 112 contra as dez da noite
G24.gal
04/03/2023 10:19
Última actualización 04/03/2023 10:38
Un incendio rexistrado ás dez da noite nunha vivenda situada na urbanización dos Tilos, no concello e Teo (A Coruña), deixa dúas persoas afectadas. A orixe do lume estivo nunha campá extractora. Foron os propios ocupantes os que conseguiron sufocalo, sen que fora precisa a intervención dos equipos de extinción.
Como consecuencia do incendio, un home sufriu queimaduras e foi trasladado a un centro médico. Unha muller embarazada foi conducida ao hospital con síntomas de intoxicación por fume.
A vivenda afectada está situada na rúa do Ameneiro, no concello de Teo.
Un dos ocupantes da vivenda alertou ó 112 contra as dez da noite