Evacúan ao hospital dous menores por inhalación de fume nun incendio en Porto do Son
Evacúan ao hospital dous menores por inhalación de fume nun incendio en Porto do Son
O traslado realizouse por precaución, xa que aparentemente presentaban bo aspecto
O lume comezou nunha campá extractora na cociña da súa casa
Dous menores foron trasladados ao hospital por inhalación de fume tras un incendio nunha vivenda de Porto do Son), segundo informou o Consorcio contra Incendios e de Salvamento da Coruña.
O lume orixinouse na campá extractora dunha cociña nunha vivenda da rúa Outeiro, na parroquia de Noal. Os dous menores foron evacuados ao hospital de referencia ao presentar síntomas por inhalación de fume.
O aviso dérono os propios rapaces contra as dúas e media deste sábado, cando se declarou o incendio no inmoble, nunha vivenda unifamiliar.
Cando chegaron os equipos de emerxencia os menores xa estaban fóra da vivenda canda a súa nai, e aparentemente o seu estado era bo, pero por precaución decidiuse o seu traslado ao hospital para seren examinados.
As lapas só afectaron á cociña da casa, que quedou esnaquizada. As lapas orixinaron unha intensa fumareda. No dispositivo de extinción participaron os Bombeiros de Ribeira, Protección Civil, Policía Local, GES de Noia, Garda Civil e unha ambulancia do 061.