Publicador de contidos
Publicador de contidos

Evacuada das Cíes en helicóptero unha visitante de 70 anos por un posible ictus

Evacuada das Cíes en helicóptero unha visitante de 70 anos por un posible ictus

Outra persoa sufriu unha luxación de xeonllo e tamén precisou traslado

Helicóptero do Sergas este domingo nas Illas Cíes Helicóptero do Sergas este domingo nas Illas Cíes
G24.gal 02/07/2023 23:11

Xornada dominical incidentada nas Illas Cíes. O persoal do Parque Natural tivo que organizar dúas evacuacións de visitantes por distintos problemas.

Unha muller de 70 anos sufriu un posible ictus, polo que acudiu no seu auxilio un helicóptero do Sergas ao peirao de Rodas, ata onde a trasladaron efectivos do parque.

No segundo caso, foi unha persoa que sufriu na illa unha luxación de xeonllo. Con estes novos casos xa suman catro evacuacións de visitantes na illa nunha semana. O sábado o helicóptero acudiu para trasladar un home de 50 anos con convulsións.

A septuaxenaria presentaba síntomas compatibles cun ictus: adormecemento ou debilidade repentina na cara, o brazo ou unha perna, especialmente nun dos lados do corpo, e confusión repentina, mareo, perda de equilibrio ou coordinación e dificultades na fala, para camiñar ou para entender.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade