Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Sergas deixa de ofrecer datos da pandemia os domingos e os festivos

O Sergas deixa de ofrecer datos da pandemia os domingos e os festivos

A partir de agora só vai informar da evolución epidemiolóxica de luns a sábado

G24.gal 13/03/2022 09:59

Cando se cumpren dous anos de información diaria da evolución epidemiolóxica provocada pola covid-19, a Consellería de Sanidade vai pasar a ofrecer os datos de luns a sábado. Polo tanto, non dará conta das cifras os domingos e os festivos.

Segundo informa nunha nota de prensa, "é un paso mais da nova situación da pandemia en Galicia". Lembra que o Ministerio de Sanidade anunciou hai xa varios días que deixa de publicar, de xeito diario, datos de infeccións, de incidencia e de vacinación. 

Porén, asegura que Galicia quere ir "amodo" e, polo momento, seguirá informando os días laborables. Ademais, os luns disgregarán datos de toda a semana.

O Sergas agradece o labor dos medios de comunicación neste tempo. "Nuns momentos tan duros, a información clara e  veraz foi fundamental para que a poboación tomara conciencia do que estabamos a sufrir. Foi, e segue sendo, un traballo de todos", asegura no escrito.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade