Publicador de contidos
Publicador de contidos

Éxito da campaña de acollida de michiños da Protectora de Animais de Lugo

Éxito da campaña de acollida de michiños da Protectora de Animais de Lugo

Trátase dunha medida de urxencia motivada por un virus mortal para os gatos detectado no albergue

As instalacións xa se están desinfectando para evitar máis contaxios

Morreron seis gatiños que estaban enfermos e déronse en acollida dúas ducias

G24.gal 27/07/2024 14:51 Última actualización 27/07/2024 16:14

A morte de seis gatiños na Sociedade Protectora de Animais de Lugo dá indicio da urxencia para acabar co brote de panleucopenia que afecta ás instalacións. Outros tantos están en illamento no Hospital Veterinario Rof Codina e dúas ducias en acollemento. 

O virus é altamente contaxioso entre os gatos, de aí a importancia de afastalos do foco. Os voluntarios lanzaron unha campaña a través das redes sociais para o acollemento urxente que enseguida deu os seus froitos. Agora esfórzanse na desinfección das instalacións.

A Sociedade Protectora de Animais lucense necesita axudas en todas as frontes porque, entre outras necesidades, carece dun lugar axeitado para illar os animais cando xorden enfermidades. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade