Éxito de participación na XVI Carreira Fin de Ano Ares - Mugardos 2021
Éxito de participación na XVI Carreira Fin de Ano Ares - Mugardos 2021
O Galicia en Goles conversou cos atletas que coparon o podio desta senlleira competición de Ferrolterra
Cun terreo cuxa característica principal é o desnivel, centos de atletas tomaron parte esta mañá na decimosexta edición da carreira pedestre que cada ano une as localidades de Ares e Mugardos. Ata alí se desprazou a Radio Galega, que conversou cos grandes protagonistas. O gañador foi Ero Doce co C.A. Narón.
"Corrín hai 2 ou tres anos. É durísima. Non hai nin un quilómetro chan e as costas son durísimas. Tentei apertar e meter ritmo nas zonas duras para afastar aos rivais e sobre todo probarme para o campionato galego de cross"
Na segunda posición rematou Juán Rejas, que tamén pasou polo micrófono do Galicia en Goles.
"Dende o primeiro instante vin que había xente con moito nivel. A miña idea foi aguantar ata que puidese. Cando chegaron as costas xa vimos quen ía con forzas e quen non. Non puiden seguir e Ero cando puxo un puntiño máis, na rampa de Mugardos"
Completou o último chanzo do podio Esteban Díaz, que tamén valorou esta carreira.
"Despois deste esforzo hai que soltar musculatura, do ritmo e das subidas e baixadas. É a primeira vez que fago. Non coñecía o circuíto. Ata o rampón de Mugardos fomos xuntos pero aí Eros escapou. Cando xa faltaban tres quilómetros estaba todo decidido"