Publicador de contidos
Publicador de contidos

Vellos problemas coa presión da auga na vila turística de Ares

Vellos problemas coa presión da auga na vila turística de Ares

A situación vén de lonxe e a veciñanza está farta deste problema recorrente no verán

G24.gal 09/08/2024 14:15

Veciños e hostaleiros de Ares denuncian os problemas coa presión da auga que sofren en practicamente todos os lugares do concello. Principalmente durante as fins de semana e nos pisos máis altos a sensación é a de vivir sen auga da billa.

Durante os meses de verán un concello tan turístico como este de Ares triplica a súa poboación, pasando de arredor de 6.000 a 18.000 persoas. Dende hai máis de 10 anos a escasa presión na traída da auga é unha problemática recorrente que segue sen solución. A maior altura ou en horarios de maior demanda maiores problemas coa subministración.

Con tubaxes de hai máis de 35 anos a solución a esta situación depende xa dunha actuación de Augas de Galicia, Deputación e Consistorio Municipal que vai con atraso para a creación de novos depósitos. As válvulas redutoras instaladas o ano pasado non funcionan tampouco e o día a día vólvese moi complicado para veciños, comerciantes ou hostaleiros.

Para o vindeiro xoves, fartos xa dunha situación que teñen que vivir todos os veráns, está prevista unha concentración diante do Concello co obxectivo de esixir solucións urxentes a un asunto que incomoda moito a unha boa parte da veciñanza desta vila coruñesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar