Publicador de contidos
Publicador de contidos

Protestan polos problemas de abastecemento de auga nos edificios máis altos de Ares

Protestan polos problemas de abastecemento de auga nos edificios máis altos de Ares

O concello triplica a súa poboación nestas datas e quéixanse de que na billa apenas teñen presión

G24.gal 16/08/2024 14:34

Problemas coa auga en Ares. Contan na vila que os días solleiros teñen que marchar cedo da praia se queren sacar o salitre. "Si, si... Hai que marchar correndo se queres darte unha ducha. E aínda así, a ver a auga que colles".

É o seu particular "sálvese quen poida". "Eu vivo nun primeiro e teño auga, pero escoito queixarse os veciños de arriba porque non teñen auga para ducharse".

E é que os dos andares superiores son os máis prexudicados. E máis nestas datas en que Ares pasa dos case seis mil habitantes que ten aos 18 mil coa chegada dos turistas. "En determinadas horas do día non te podes duchar, non podes poñer a lavadora".

Un problema que, segundo din, comezou hai xa unha morea de anos. "Isto é de toda a vida". "Polo menos quince anos levamos así". "O único que esiximos é presión na auga".

Concello, Deputación e Xunta van financiar un proxecto de máis de catro millóns de euros para poñerlle fin a este problema. Porén a solución non chegará este verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar