Éxito de participación no concurso de gando vacún de Castro Caldelas
Éxito de participación no concurso de gando vacún de Castro Caldelas
Máis dunha trintena de gandeiros asistiron á feira concurso de razas autóctonas
Douscentos exemplares compiten nas categorías de sementais, reprodutoras e novelas
A feira concurso de gando vacún de Castro Caldelas celebra a edición número 26 pero, na práctica, este é o segundo ano que se fai tras dúas décadas en suspenso. Un sinal do repunta da gandería na zona.
"É o traballo que temos. Aquí vívese do gando e da carne, algún viñedo pero o forte é a gandería", explica Manuel Yáñez, membro da organización.
Na comarca hai censadas unhas 8.000 cabezas de gando. As mellores están aquí, competindo por ese recoñecemento. A máis representada, a rubia galega.
"Valoramos as ancas, o costelar, a harmonía e unión entre as partes", Luís Vidal, xurado.
Tamén hai caldelás e vianesas, as razas locais, un pouco cohibidas porque o seu é andar polo monte.
"A vianesa é unha vaca moi pacedora, rozadora, hoxe en día no tema dos incendios", María Concepción Gómez, gandeira de Maceda.
Hai tamén gando de exhibición, coma bois ou as desafiantes cachenas.