Publicador de contidos
Publicador de contidos

Éxito galego no Mundial de Piragüismo na Alemaña

Éxito galego no Mundial de Piragüismo na Alemaña

Os deportistas galegos conseguiron 7 medallas e 2 clasificación para os Xogos Olímpicos

Antía Jácome brillou con luz propia, con 3 pratas

G24.gal 26/08/2023 13:14

Grande éxito do piragüismo galego nos Mundiais que se está a festexar na Alemaña.

Neste momento os deportistas galegos conseguiron un lustroso triunfo no C4 500M, onde o 75 % da embarcación era galega (Adrián Sieiro, Pablo Graña e Manuel Fontán) e, polo tanto, lograron 3 medallas de ouro.

Tamén conseguiron subir ao podio Teresa Portela e Carolina García no K4 500M, colgando un meritorio bronce.

Mención especial para Antía Jácome, gañadora de 3 medallas de prata ao longo de 2 días e conseguindo a clasificación para os Xogos Olímpicos de París 2024 en dúas das probas. Participará así nos seus segundos Xogos Olímpicos, nos que xa logrou un diploma.

A pontevedresa logrou no mesmo día o segundo posto no C1-200M e a praza olímpica, para, unha hora despois, volver subir ao podio no C2-200M xunto a madrileña María Corbera.

Para rematar a súa excelente participación nos Mundiais lograría outra praza olímpica no C2-500M mediante outra traballada prata.

Galicia continúa co seu dominio no piragüismo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos