Publicador de contidos
Publicador de contidos

Éxito total do turismo de experiencias da Pontenova

Éxito total do turismo de experiencias da Pontenova

Case esgotadas as prazas para visitar Mina Consuelo e para tirarse na tirolina nesta Semana Santa

G24.gal 09/04/2022 20:22

A tarde tan solleira axudou a que gozasen, aínda máis, os que xa tiñan praza reservada para tirarse pola tirolina da Pontenova.
É tal a demanda deste reclamo turístico que xa apenas quedan prazas para estes días.

A mesma demanda que ten a tirolina tena a visita guiada por Mina Consuelo, un percorrido polas entrañas da terra, na que é a segunda cavidade máis grande de Galicia e da que este marzo se presentou a memoria topográfica.
Mina e tirolina constitúen un tándem perfecto para atraer un turismo diferente, con ansias de natureza e experiencias.

Este proxecto turístico tamén é unha proposta empresarial no rural.
Na tirolina cadramos cunha excursión procedente de San Cibrao das Viñas.
Para poder subir algúns tiveron que pasar pola báscula antes, xa que como mínimo hai que pesar 50 quilos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade