Expertos en cine, animación e creación de videoxogos encóntranse na Coruña en 'Mundos dixitais'
Expertos en cine, animación e creación de videoxogos encóntranse na Coruña en 'Mundos dixitais'
O certame anual xa vai pola 22ª edición e converteuse en referencia do sector en Europa
O mundo da animación, dos efectos visuais e da computación gráfica ten un gran peso na economía e é unha importante bolsa de emprego. 'Mundos dixitais' é o certame que cada ano converte A Coruña en referencia internacional deste sector. De feito, algunhas das produtoras de animación e videoxogos máis importantes do planeta presentan aquí os seus novos proxectos.
"Ten un ambiente moi de familia, de poñernos ao día e saber o que está pasando. Moita xente non é consciente da potencia en Galicia do sector audiovisual, e con isto pretendemos que o sector siga medrando dun xeito exponencial e imparable", explicou Alba Meijide, que forma parte da organización e é consultora e xestor de proxectos de IA.
Os relatorios profesionais van desde como crear as skills, as habilidades, das personaxes dun videoxogo, ata como facer, por exemplo un tráiler ou teaser, un adianto dunha película para que dean ganas de vela.
En 'Mundos dixitais' exhíbense técnicas de computación gráfica que se usan cada vez máis no cine, e hai tamén unha feira de emprego, con ofertas de ata 70 perfís diferentes.
Desta edición espérase tamén que saia o xerme dun clúster de empresas de intelixencia artificial.