Cargando resultados...
As réplicas dos "aneis milagrosos" dos bispos medievais expóñense en Santo Estevo
As réplicas dos "aneis milagrosos" dos bispos medievais expóñense en Santo Estevo
O xoieiro de Ourense José Luis Ferreiro replicou 4 aneis, porque os outros 5 restantes aínda non apareceron
G24.gal
15/10/2024 12:04
A fascinante historia dos 9 aneis "máxicos" dos bispos medievais de Santo Estevo volve á actualidade porque un xoieiro de Ourense acaba de sacar unha copia exacta de 4 deles, os localizados en 2020 nos relicarios laterais da igrexa. As réplicas están expostas na sancristía de Santo Estevo.
No Diario cultural da Radio Galega falamos co xoieiro e con Vania López, a restauradora que atopou os aneis orixinais, agochados durante séculos. Igualmente conversamos coa escritora María Oruña, que escribiu o libro O bosque dos catro ventos.