Cargando resultados...
Extinguido o incendio forestal de Trabada tras calcinar 2.300 hectáreas
Extinguido o incendio forestal de Trabada tras calcinar 2.300 hectáreas
Segundo a Consellería do Medio Rural, a maior parte da superficie queimada é de monte arborizado
G24.gal
15/10/2023 22:46
O incendio forestal de Trabada, declarado o 12 de outubro ás tres da tarde, quedou extinguido este domingo tras devorar 2.326 hectáreas. Segundo a Consellería do Medio Rural, a maior parte desta superficie é de monte arborizado.
Para a súa extinción mobilizáronse 8 técnicos, 72 axentes, 114 brigadas, 78 motobombas, 3 pas, un tractor, catro unidades técnicas de apoio, 6 avións e 3 helicópteros. Ademais, instalouse un posto de mando avanzado para coordinar as tarefas de apagamento.
O número de teléfono 085 está á disposición da cidadanía para denunciar calquera lume destas características.