Publicador de contidos
Publicador de contidos

Fabiola García: "Os campamentos son un recurso de conciliación moi necesario para todas as familias"

Fabiola García: "Os campamentos son un recurso de conciliación moi necesario para todas as familias"

A conselleira de Política Social e Xuventude asegurou que Galicia é a comunidade que máis prazas oferta

G24.gal 13/07/2023 09:53

Este de 2023 preséntase como un verán que sempre se vai lembrar, polo menos os rapaces e rapazas galegas que están vivindo a experiencia que ofrecen os campamentos de verán da Xunta.

Gozan de actividades náuticas, de multiaventura, tecnolóxicas, musicais ou de astronomía. Un amplo abano repartido na maior convocatoria de prazas da historia, que explicou no programa Bos días Fabiola García, conselleira de Política Social e Xuventude. Asegurou que é unha ferramenta que vai máis aló.

"Os campamentos son un recurso de conciliación moi necesario para todas a familias de Galicia. Os pais e nais non temos dous meses de vacacións, así poden ir traballar sabendo que están ben coidados, ben atendidos e pasándoo ben xunto con outros nenos e nenas nalgún recuncho de Galicia" dixo García.

A Xunta quere incrementar máis prazas o ano que vén. Segundo a conselleira, Galicia é a comunidade que máis oferta ten, con 11.200 prazas, 400 máis que o ano pasado.

"Puxemos en marcha os minicampamentos "Coñece Galicia", que son estadas de cinco días, para aqueles pais e nais aos cales lles dá reparo deixar os nenos e nenas tantos días fóra. Están completamente cheos e estamos ampliando o número de concellos con que colaborar", afirmou a conselleira. 

Malia teren unha grande oferta, hai rapaces e rapazas que quedan fóra destas prazas. Tiveron que asignarse por sorteo. Pero en Política Social teñen un programa para axudar aquelas persoas que non conseguen entrar.

"Poñemos á disposición dos pais e nais o Bono Concilia Familia, que son axudas directas de 500 euros para que poidan contratar outro tipo de campamentos municipais, ou privados", asegurou Fabiola García.

Ademais de Galicia, hai convenios con outras comunidades autónomas, como Madrid, Castela A Mancha ou Cantabria, a onde se pode ir de campamento.

Na Xunta din que tamén están a traballar na conciliación para os menores dende 0 a 3 anos coa gratuidade da educación infantil.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade