Facenda anuncia unha OPE de máis de 600 prazas de acceso libre

O conselleiro Corgos confirmou no Parlamento que serán prazas de accceso libre

G24.gal 26/10/2023 11:23

O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, anunciou este xoves que proximamente vai propoñer ás organizacións sindicais a aprobación dunha oferta de emprego público (OPE) con máis de 600 prazas de acceso libre no campo da Administración da Xunta.

Así o avanzou na súa primeira intervención ante a comisión terceira no Parlamento para explicar os orzamentos do próximo ano, dos que presumiu polo seu aumento fronte ás críticas da oposición que os cualificaron de “continuistas” e “rutineros”.

Corgos sinalou que a estas prazas poderán acceder aqueles mozos que cumpran os requisitos esixidos nas correspondentes convocatorias e que queiran acceder a un posto de “alta calidade” na Administración galega.

Estas prazas súmanse ás xa anunciadas de promoción interna e as de funcionarización co que en total, a oferta deste ano, 2023, superará as 900 prazas de emprego público. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade