Publicador de contidos
Publicador de contidos

Nova xuntanza para negociar a suba salarial do funcionariado

Nova xuntanza para negociar a suba salarial do funcionariado

A proposta do Goberno inclúe unha oferta de mellora salarial do 9,5 % entre 2022 e 2024

A oferta conta co apoio da UGT, a dúbida de CC OO e o rexeitamento da CSIF

G24.gal 02/10/2022 20:34 Última actualización 02/10/2022 21:25

Ministerio de Facenda e os sindicatos da Función Pública reúnense novamente este luns para negociar a suba salarial do funcionariado. 

Os sindicatos darán a coñecer a resposta dos traballadores á proposta do Goberno, que inclúe unha oferta de mellora salarial do 9,5 % entre 2022 e 2024

A proposta do executivo central conta, polo momento, co apoio da UGT, a dúbida de CC OO e o rexeitamento da CSIF. 

O ministerio que encabeza María Jesús Montero presentoulle ao persoal público unha suba salarial do 9,5 %, que inclúe un aumento do 1,5 % con carácter retroactivo para 2022 e cláusulas de revisión para 2023 e 2024.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade