Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece aos 75 anos Manuel Parajó, exconcelleiro de Teo

Falece aos 75 anos Manuel Parajó, exconcelleiro de Teo

Parajó Liñares, fundador do partido político InTeo, foi concelleiro do goberno do popular Armando Blanco de 2003 a 2007

Manuel Parajó Liñares nunha imaxe de arquivo Manuel Parajó Liñares nunha imaxe de arquivo
G24.gal 10/01/2023 11:26

Manuel Parajó Liñares faleceu este luns aos 75 anos de idade de maneira repentina. Era un prexubilado de Caixa Galicia que tivo no fútbol una das súas principais afeccións. Foi xogador do Calo e máis tarde presidente dunha entidade á que profesaba especial agarimo.

Esta Sociedade Recreativa San Xoán de Calo lamentaba o seu pasamento a través das redes sociais: "Traballador incansable, o labor da xunta directiva presidida por el deixou impronta na nosa casa".

Parajó Liñares tamén se dedicou á política, foi concelleiro electo do PSOE, e máis tarde fundou o partido político InTeo, unha formación independente coa que logrou representación en distintos comicios municipais, e gobernou co popular Armando Blanco de 2023 a 2007.

Parajó era un home moi coñecido no concello de Teo, onde os veciños o recordan pola súa cordialidade e facilidade de trato.

Manuel Parajó Liñares, que deixa viúva, dous fillos e catro netos, recibirá sepultura en Calo. Os seus restos mortais descansan no tanatorio de Calo, de onde partirán este martes día 10 ás 17 horas cara á igrexa parroquial. Alí celebrarase o funeral e recibirá logo sepultura no panteón familiar do cemiterio da parroquia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade