Falece aos 68 anos o exdirixente socialista Rodolfo Ares
Falece aos 68 anos o exdirixente socialista Rodolfo Ares
O Goberno Vasco destacou a "importante perda humana e política", que signica a morte de Ares
Destacou tamén a "longa traxectoria política" de Rodolfo Ares: concelleiro de Bilbao e "protagonista" do proceso de reorganización e renovación urbanística da cidade
Falece aos 68 anos o exdirixente socialista e exconselleiro de Interior do Goberno vasco. O PSE-EE expresou, nunha breve mensaxe, a súa "inmensa dor" polo falecemento de Ares e trasladou "un abrazo moi forte" á súa familia.
O portavoz do Goberno Vasco Bingen Zupiria destacou a "importante perda humana e política" que supón o falecemento do exconselleiro vasco de Interior e exdirixente do PSE/EE, Rodolfo Ares.
Zupiria enviou un "abrazo caloroso" tanto aos seus compañeiros socialistas no Goberno vasco como a "toda a familia socialista" e á familia persoal de Ares, segundo indicou nunha entrevista en Radio Euskadi.
Destacou a "longa traxectoria política" de Rodolfo Ares, quen tamén foi concelleiro no Concello de Bilbao e "protagonista" do proceso de reorganización e renovación urbanística da cidade.