Falece aos 76 anos Miguel Ángel, lenda ourensá do Real Madrid
Falece aos 76 anos Miguel Ángel, lenda ourensá do Real Madrid
O exporteiro anunciou en 2022 que padecía ELA
Miguel Ángel xogou 346 partidos en 18 temporadas no Real Madrid
Coa selección estivo no Mundial da Arxentina de 1978 e no España 1982
Miguel Ángel González Suárez, máis coñecido como Miguel Ángel, faleceu aos 76 anos. O futbolista, alcumado o Gato, estivo vinculado ao Real Madrid, club no que desenvolveu a maior parte da súa carreira: traballou no club merengue durante 18 tempadas.
O exfutbolista anunciou en 2022 que padecía esclerose lateral amiotrófica (ELA). Miguel Ángel disputou 346 partidos co Real Madrid nas 18 tempadas (1968-1986) que estivo no club merengue.
Gañou 8 Ligas, 5 Copas de España, 2 Copas da UEFA e unha Copa da liga. Miguel Ángel tamén foi titular coa Selección Española de Fútbol, coa que disputou o Mundial de Arxentina, en 1978, baixo as ordes de Lasilao Kubala, e o Mundial de España 1982, convocado por José Emilio Santamaría.
No ano 2017 concedéuselle a Miguel Ángel o sétimo Premio Ourensanía. O xurado do galardón decidiu outorgar esta condecoración a Miguel Ángel por "ser, se cadra, o deportista ourensán que máis altas cotas de recoñecemento acadou non ámbito internacional".
O Real Madrid expresou nun comunicado as súas condolencias e o seu agarimo á súa esposa, María del Pilar, ao seu fillo Miguel Ángel, aos seus netos Daniela e Mauro, aos seus familiares, aos seus compañeiros e a todos os seus seres queridos.
Comunicado Oficial: fallecimiento de Miguel Ángel.#RealMadrid
— Real Madrid C.F. (@realmadrid) February 6, 2024