Cargando resultados...
Falece Jerry Lee Lewis
Falece Jerry Lee Lewis
O músico está considerado pioneiro do rock and roll
Fonte Efe
G24.gal
28/10/2022 19:26
O músico Jerry Lee Lewis, pioneiro do rock and roll, morreu este venres aos 87 anos de idade. Confirmou o seu publicista aos medios de comunicación. Aínda que a causa do falecemento se descoñece, o músico tiña varios problemas de saúde desde 2019 tras sufrir un derramo cerebral que o obrigou a cancelar todos os seus concertos e aparicións públicas.
Jerry Lee Lewis é famoso por interpretar temas considerados himnos como Great Balls of Fire, Whole Lotta Shakin ou Goin On.