Publicador de contidos
Publicador de contidos

Primeira noite do Resurrection cos cabeza de cartel Machine Head e Alice Cooper

Primeira noite do Resurrection cos cabeza de cartel Machine Head e Alice Cooper

É un dos mellores festivais de rock e de metal de toda Europa

O seu cartel nesta edición conta con 90 bandas galegas, nacionais e internacionais

G24.gal 26/06/2024 22:07

O Resurrection Fest está considerado un dos mellores festivais de rock e de metal de toda Europa. O seu cartel sempre acada boas críticas pero nesta edición é extraordinario con 90 bandas.

Unha cita á que acode xente de todas as partes de España e de Europa, porque todos os quilómetros son poucos cando vas ver as túas bandas favoritas.

Nesta primeira xornada un dos cabezas de cartel é o lendario Alice Cooper, un veterano dos escenarios e abandeirado do 'show rock' que con máis de 75 anos segue sendo incombustible. 

Aínda que moitos pensen o contrario, esta é unha cita para todos os públicos, tamén para familias con alma de rock.

O prato forte desta noite é o grupo Machine Head, unha banda estadounidense de groove metal formada a principios dos anos 90. Inmellorable arranque desta cita musical que agarda preto de 150.000 asistentes durante os catro días.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade