Cargando resultados...
A 'Muiñeira do Areal' a ritmo de rock desde Caión
A 'Muiñeira do Areal' a ritmo de rock desde Caión
Foi idea da banda A Sombra dos Soños, coa que colaborou o grupo de baile tradicional Arume
Un momento do videoclip gravado no local comunitario da Balea en Caión
G24.gal
03/04/2024 21:41
Última actualización 03/04/2024 21:53
Estrea mundial desde Galicia.
Dúas agrupacións de Caión innovaron a tradición da muiñeira e fundírona co rock and roll, na música e no baile. O vídeo, gravado no local comunitario da Balea, xa está pendurado desde hoxe nas redes.
A banda de rock local A Sombra dos Soños tivo a feliz idea da Muiñeira do Areal roqueira e con eles, colaborou o grupo de baile tradicional Arume, tamén local.
O primeiro de maio a banda sacará o seu primeiro disco, 'I'.