Música e baile tradicional no II Serán de Outono do Irixo
Música e baile tradicional no II Serán de Outono do Irixo
A festa consolídase como un referente outonal na comarca en só dous anos
Os mozos e mozas gaiteiros son os encargados de organizala
Cunhas sinxelas nocións, e por moi torpe que un sexa, pode aprender a defenderse bailando en calquera verbena. Así quedou claro neste obradoiro de danza tradicional galega co que deu comezo a segunda edición do Serán de Outono do Irixo.
"O importante é que esteamos xuntos recuperando estes bailes tradicionais".
"É sinxelo. Con poucos pasos logo bailas".
"O que aprendemos son pasos que se usan en case todas as foliadas".
Esta festa só leva dous anos celebrándose, pero xa se converteu nun referente da música galega na comarca do Carballiño e mesmo en Ourense ou Lalín. O outono invita a quedar na casa pero estes veciños resístense.
"Buscamos un repertorio o máis amplo posible para ter un evento no que todos desfrutemos.", explica a gaiteira Sela Taboada.
E, como en calquera festa galega, a comida e a bebida son parte fundamental do xuntoiro.
"Temos xamón asado, chourizos, empanada de raxo e bocadillo de tortilla".
Tal era a gana de troula que seguiron tocando e bailando logo de que a carpa inchable onde se ía actuar viñera abaixo por un fallo no xerador.