Publicador de contidos
Publicador de contidos

Desactivan unha granada de man con carga explosiva nunha casa deshabitada do Irixo

Desactivan unha granada de man con carga explosiva nunha casa deshabitada do Irixo

O artefacto foi identificado por traballadores da mancomunidade do Carballiño, que alertaron a Garda Civil

Foto: Garda Civil Foto: Garda Civil
G24.gal 01/10/2024 09:31

Localizada nunha casa deshabitada do municipio ourensán do Irixo unha granada de man. O artefacto conservaba a carga explosiva e a espoleta para a súa detonación.

Foi identificado por traballadores da mancomunidade do Carballiño, que alertaron a Garda Civil.

Ata a casa desprazáronse efectivos do grupo de desactivación de explosivos da benemérita de Pontevedra, que procederon á retirada do artefacto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade