Publicador de contidos
Publicador de contidos

Veciños do Irixo venden 540 décimos en dous días tras gravar un anuncio que se fixo viral

Veciños do Irixo venden 540 décimos en dous días tras gravar un anuncio que se fixo viral

Fixérono para recadar cartos para as súas festas e agora só esperan que o seu número toque

G24.gal 03/01/2024 13:30

Este ano 2024 os veciños do Irixo están convencidos que a lotería do Neno tocará en Santa María do Campo e mais os da comisión de festas.

Co fin de recadar diñeiro para as celebracións en honra á patroa do pobo, a Claudio Cerdeira e á súa muller, Beatriz Varela, ocorréuselles que sería boa idea adquirir un número para o sorteo de Reis e vender os décimos entre os veciños.

Para motivalos a comprar gravaron un vídeo coa axuda do señor Lisardo, coñecido personaxe do programa Luar da TVG co que conseguiron milleiros de visitas na rede. Foi tal o éxito que os 540 billetes os venderon en dous días.

No vídeo, o señor Lisardo queda durmido na barra dun bar e soña que a lotería que vende a comisión de festas de Santa María do Campo gaña o primeiro premio do sorteo do Neno. 

O local onde gravaron o anuncio estivo estes días máis concorrido ca nunca. Agora agardan que o soño de Lisardo se faga realidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade