A Primitiva deixa un premio de 1.400.000 euros en Redondela
A Primitiva deixa un premio de 1.400.000 euros en Redondela
Moitos clientes pasaron hoxe pola administración para comprobar os seus números e probar sorte para o bote de 85 millóns de euros
Nin rastro do afortunado: descoñécese se é un veciño ou unha persoa de paso
E a pregunta do millón, ou para ser máis exactos do 1.400.000 euros e pico, é quen é o afortunado ou afortunada? Algúns dos clientes descártanse como premiados pero outros deixan unha porta aberta.
"Gusta que toque na vila, pero tamén pasan moitos peregrinos e turistas", comenta a empregada da administración, Flor Cal.
De momento hai poucos datos e nin sequera se sabe se foi unha combinación sacada da máquina ao azar ou números propios pero, por se ten un boleto do xoves, comprobe os números. Son o 13, 16, 22, 32, 39 e 45.
Nesta administración número 2 Coca de Ouro de Redondela xa repartiran outros premios. Nunha Bonoloto sorprenderon o gañador en vivo e en directo.
Flor conta aínda emocionada que a clienta lle deu o boleto para comprobar. Apartárona a un lado para lle dar a noticia.
Hoxe aínda non houbo sorte, pero como soñar é gratis os clientes van facendo as contas.
O bote segue acumulando. Hai 85 millóns en xogo para o sábado, e aquí puidemos ver durante toda a mañá un ir e vir de clientes probando sorte.