Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Congreso Loteiro acolle 300 administracións de lotaría en Santiago

O Congreso Loteiro acolle 300 administracións de lotaría en Santiago

Reclaman que cada admnistración de lotaría poida ter a súa propia venda dixital sen depender de Apostas e Lotarías do Estado

Congreso Loteiro, na Cidade da Cultura
G24.gal 21/04/2024 14:46 Última actualización 21/04/2024 15:24

Trescentas administracións de lotaría de todo o estado participan esta fin de semana en Santiago no congreso do sector.  A súa principal demanda é que se regulen as vendas dixitais de lotaría a través das webs particulares de cada administración. A pesar do importante incremento desta modalidade de venda nos últimos anos, as administracións din que se atopan nun limbo legal.

É que estamos nun limbo legal, podemos chegar a ter problemas, que nos pechen a web ou nos multen por recibir o encargo e vender décimos a través da nosa páxina web, explica Jorge Anta, presidente da Asociación de administracións de Lotaría de Galicia.

"O que buscamos é que cada admnistración de lotaría poida ter a súa propia venda dixital sen depender de Apostas e Lotarías do Estado", asegura Borja Muñiz, presidente da Anapal, a Agrupación Nacional de Asociacións Provinciais de Administración de Lotarías.

A venda de lotaría bateu o seu récord en 2023, con máis de 3.300 millóns de euros, un 4 % máis ca no 2022. Galicia foi a segunda comunidade onde máis medraron as vendas, cun incremento de máis do 7 % e un gasto de 208 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade