Cargando resultados...
Falece o arquitecto xaponés Arata Isozaki, o autor da Domus da Coruña
Falece o arquitecto xaponés Arata Isozaki, o autor da Domus da Coruña
G24.gal
29/12/2022 19:14
Hoxe faleceu o arquitecto xaponés Arata Isozaki. O seu estudo anunciaba a súa morte aos 91 anos. É o autor da Domus da Coruña. Inaugurada en 1995, o arquitecto xaponés considerábaa unha das súas obras máis relevantes.
Tamén é del o Centro de Estudos Avanzados no parque de Vista Alegre, en Santiago, ou o Palau Sant Jordi en Barcelona. Isozaki foi o autor de máis dun cento de obras por todo o mundo e expuxo nos centros de arte internacionais máis destacados.
En 2019 recibiu o prestixioso Premio Pritzker de arquitectura.