Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece o empresario vigués José Pereira, fundador do Grupo Pereira

Falece o empresario vigués José Pereira, fundador do Grupo Pereira

“Unha persoa excepcional e un empresario singular”, dixo del este luns o alcalde Abel Caballero

G24.gal 22/08/2022 16:47

José Pereira Álvarez, fundador do Grupo Pereira, unha das empresas pesqueiras máis importantes de España, faleceu este luns en Vigo aos 97 anos de idade.

“Hoxe Vigo perde a unha persoa excepcional pero continuará no noso recordo e na saga xeracional que leva adiante o Grupo Pereira”, dixo o alcalde de Vigo Abel Caballero tras coñecer a noticia.

José Pereira Álvarez fundou en 1955 unha armadora que actualmente opera nas augas de todo o mundo e dá traballo a un milleiro de empregados.

Un dos seus barcos, o conxelador de altura ‘Estai’ foi apresado en augas canadenses en 1995 no que foi o principio da coñecida como guerra do fletán.

Este emprendedor, natural de Gondomar (Pontevedra), comezou no negocio da pesca con embarcacións artesanais que pescaban no Atlántico Norte, e abandona este mundo cunha vintena de pesqueiros en activo.

“Unha persoa excepcional e un empresario singular”, dixo del este luns Caballero.

En 2018, Pereira recibiu o premio Familia Empresaria do Ano, momento en que dixo que a pesca foi para el “unha profesión e tamén unha vocación”

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade