Israel confirma que o español Iván Illarramendi e a súa muller foron asasinados por Hamas durante o ataque

Foron asasinados no asalto dun kibutz a dous quilómetros da Franxa de Gaza e non permaneceron secuestrados

Un portavoz do Ministerio de Exteriores israelí confirmou que foron queimados vivos 

Iván Illarramendi Saizar (EFE/Facebook) Iván Illarramendi Saizar (EFE/Facebook)
G24.gal 08/11/2023 13:28 Última actualización 09/11/2023 00:07

O Ministerio de Exteriores israelí confirmou este mércores que o cidadán español Iván Illarramendi e a súa esposa, a chilena Loren Garcovich, morreron o pasado 7 de outubro no ataque de Hamas contra Israel, e aclarou que non foron secuestrados polo grupo islamita palestino.

Os restos de Illarramendi, de 46 anos, e Garcovich, de 47, foron identificados onte nun depósito de cadáveres en Tel Aviv, un mes despois da súa morte, precisou un portavoz do ministerio israelí.

A parella vivía no kibutz Kissufim, a dous quilómetros da Franxa de Gaza, onde foron asasinados, segundo agregou Exteriores.

Iván Illarramendi e súa esposa chilena (EFE/X da embaixadora israelí en España) Iván Illarramendi e súa esposa chilena (EFE/X da embaixadora israelí en España)

Esta información corrixe a versión de que a parella estaba entre os máis de 240 reféns que foron secuestrados e levados a Gaza durante o ataque de Hamas daquel día, no que morreron máis de 1.400 persoas e máis de 5.000 resultaron feridas.

Un portavoz do Ministerio de Exteriores israelí asegurou que foron queimados vivos xuntos na súa casa nun kibutz. Os restos da parella foron identificados este martes no Instituto de Medicina Forense de Abu Kabir, en Tel Aviv, un dos dous centros forenses nos que se analizan desde hai varias semanas os restos de persoas asasinadas durante o ataque. 

Ante a consulta sobre a demora na identificación dos seus restos, o portavoz israelí explicou que estes consisten unicamente en cinzas e escasas partes dos seus corpos, que non poden ser separados.


El Gobierno de España reitera su condena a los atentados terroristas de Hamás el 7 de octubre.

Debemos trabajar para alcanzar una paz justa y duradera en…

Tamén en redes sociais o líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, lamentou os asasinatos a mans de Hamás, sinalou que acompaña ás familias na súa dor e resolveu: "Fronte ao terrorismo, unidade".

O delegado do Goberno no País Vasco, Denis Itxaso, manifestou a súa "profunda dor e impotencia" pola morte de Illarramendi e condenou os "fanatismos violentos" que provocan unha "cadea insufrible de dor e pena".

Sumouse ás condolencias tamén o PNV, que mostrou a súa condena "máis enérxica" á vez que rexeitou "con toda rotundidade" a "indiscriminada" ofensiva militar de Israel en Gaza.

Ademais, o coordinador xeral de EH Bildu, Arnaldo Otegi, trasladou o seu pesar ante a confirmación da morte do guipuscoano e engadiu: "redobramos o chamamento a un cesamento do fogo, ao diálogo e á negociación".

Foto do Facebook de Iván Illarramendi Foto do Facebook de Iván Illarramendi

Dous españois mortos

A morte de Illarramendi eleva a dúas o número de españois falecidos por mor do ataque terrorista do brazo armado de Hamás.

A outra vítima é a cidadá hispano-israelí Maya Villalobo Sinvany, de 19 anos, que se atopaba na base de Nahal Oz, preto da fronteira de Gaza, facendo o servizo militar; a súa morte foi confirmada polo Ministerio de Asuntos Exteriores de España o pasado 11 de outubro.

O xefe do Executivo en funcións, Pedro Sánchez, expresou na rede social X a súa consternación pola morte de Iván Illarramendi. "Quero trasladar o meu afecto e o meu máis sincero pésame á súa familia e amigos", escribiu Sánchez, quen reiterou a condena do Goberno aos atentados terroristas de Hamas e instou a "traballar para alcanzar unha paz xusta e duradeira en Oriente Medio".

Consternado por la muerte de Iván Illarramendi. Quiero trasladar mi afecto y mi más sincero pésame a su familia y amigos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade