Publicador de contidos
Publicador de contidos

Falece un veciño de Vilardevós tras caer o seu tractor por unha ladeira

Falece un veciño de Vilardevós tras caer o seu tractor por unha ladeira

O vehículo agrícola envorcou e o home, de 86 anos, faleceu no accidente

G24.gal 21/09/2024 11:06 Última actualización 21/09/2024 18:34

Un home de 86 anos e veciño de Vilardevós faleceu tras envorcar o seu tractor ao caer por unha ladeira no lugar de Berrande.

Foi contra a media noite cando un veciño da aldea atopou o vehículo da vítima e o seu corpo na paraxe coñecida como Fonte da Marta.

Tras caer por unha forte pendente o tractor acabou batendo contra unha árbore e envorcou. A vítima, de 86 anos, saíra traballar a primeira hora da tarde.

Foi sobre as 23:00 horas, ao ver que non regresaba a casa, cando a familia sospeitou que algo lle acontecera e alertou ao 112.

Desnivel e terreo esvaradío

Ademais de ser unha zona de moito desnivel o terreo estaba esvaradío por mor da chuvia o que complicou o traballo dos equipos de emerxencia.

No rescate participaron efectivos de protección civil de Vilardevós e bombeiros de Verín. O corpo foi trasladado para practicarlle a autopsia e determinar as circunstancias da morte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade