Falece unha muller ao caer nun pozo de auga en Sober
Falece unha muller ao caer nun pozo de auga en Sober
Un familiar chamou ao 112, pasadas as oito desta mañá, para informar do suceso
Unha veciña do concello de Sober, de 87 anos, faleceu tras caer ao interior dun pozo de auga na mañá deste luns, no lugar das Lumieiras.
A información facilitada por un familiar ao 112 Galicia, nunha chamada rexistrada pasados uns minutos das 8:00 horas desta mañá, limitábase a informar da caída da vítima ao pozo.
🔴 #AXEGAInforma dunha persoa falecida no interior dun pozo de auga en #Sober.
— 112Galicia (@112Galicia) August 29, 2022
A @guardiacivil envía patrulla para coñecer as circunstancias relacionadas co suceso.
Ademais, informouse aos #BombeirosMonforte, aínda que existe fácil acceso ao corpo.
ℹ️ https://t.co/ziZ4TSEFF3 pic.twitter.com/tEtfGn7F5j
Aínda que o acceso ao corpo era posible, quen acudiu a socorrer a vítima preferiu esperar á chegada dos equipos de emerxencias.
Desde o 112 Galicia pediuse a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que rapidamente confirmaron o falecemento da muller, e dos bombeiros de Monforte, que quedaron á espera.
A Garda Civil recibiu esta información por parte do Centro Intergrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) e enviou unha patrulla ao lugar co fin de coñecer as circunstancias en que se produciu este falecemento.